Habitante de Vigo defensor da incorporación á República de Portugal |
Polo menos douscentos
cincuenta mil vigueses están chamados ás urnas para decidir en referendo o
futuro da cidade de Vigo.
Despois de anos de
rumores e difamacións acerca da procedencia e nacionalidade dos habitantes
vigueses, o levantamento popular das clases lusistas da cidade, fará posíbel
este pronuciamento.
As
opción que se presentarán en dito referendo serán:
1. Os habitantes de
Vigo dependerán de Galiza como ente autónomo e soberano, deixando atrás a
actual dependencia española.
2. Vigo seguirá
pertencendo ao reino de España.
3. Vigo consumará a
súa independencia plena, para posterior adhesión á República de Portugal como
Estado-Cidade Federada.
Sendo
esta última opción con máis peso dentro da propia cidadanía viguesa.
Se
os habitantes da cidade votan pola saída da autonomía galega, e por tanto da
española, o seguinte paso será o ingreso de Vigo no seo da República de
Portugal, pasando así a ser a terceira cidade máis habitada do país luso.
As
autoridades de Vigo contemplan que polo menos o 70 por cento dos habitantes da
cidade participarán na votación e que a abafadora maioría farao a favor da
saída do seo de España.
Na
consulta poden participar todos os cidadáns de Vigo maiores de idade residentes
en na cidade, así como os portugueses con permiso de residencia.
Vigo
súmase así ao rebufo do éxito da consulta popular en Crimea, na que os seus
habitantes, por ampla maioría, decidín libremente convivir dentro da federación
de Rusia.
En
tanto, España e a Unión Europea deixaron claro que non recoñecerán os
resultados do referendo e que, en xeral, non o consideran lexítimo.
Pola
súa parte Artur Mas pronunciábase a favor da consulta viguesa, e afirmaba que
“o pobo de Vigo debe ser dona do seu futuro, e desde Catalunya apoiaremos a súa
consulta”.
Sem comentários:
Enviar um comentário